Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52241

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (1073/2012).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1073/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Silva Rey contra a empresa Santiago Dos, S.L., José Allegue Seoane e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di así:

Decido.

Que estimando integramente a demanda interposta por Ana María Silva Rey contra Santiago Dos, S.L., José Allegue Seoane (administrador concursal) e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Santiago Dos, S.L. a lle aboar á demandante a suma de 1.524,38 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución. E condeno a José Allegue Seoane, na súa soa condición de administrador concursal da mercantil Santiago Dos, S.L., a se ater a esta declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda da LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Dos, S.L, actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza