Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 23 de novembro de 2016 Páx. 52229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 597/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 597/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Moure Rosende contra a empresa Masalo 10, S.L., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estímase a demanda interposta por Patricia Moure Rosende contra a empresa Masalo 10, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 30 de xuño de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 22,68 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 16.145,83 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen optar, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza