Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, este último contido no proxecto de explotación, que rexen a contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel mediante a modalidade de concesión, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.
1. Obxecto: a contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel mediante a modalidade de concesión.
2. Duración do contrato: corenta e sete (47) meses, desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, sen posibilidade de prórroga.
3. Orzamento máximo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) a cantidade de 479.960 euros e por mes 39.996,67 euros. O valor estimado do contrato, ao longo da súa duración (47 meses, sen posibilidade de prórroga) é de 1.879.843,30 euros.
4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con múltiples criterios de valoración).
5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello (www.sanxenxo.es). O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Se o prazo rematase en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil.
6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 8ª e 9ª dos pregos respectivos:
a) Criterio de adxudicación dependente de xuízo de valor: memoria de xestión do servizo: valorarase ata un máximo de setenta (70) puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar unha memoria de prestación do servizo, que se dividirá nos apartados que se detallan a seguir, para que poida puntuarse conforme a puntuación para cada un deles que a seguir se sinala:
Apartados da memoria de xestión do servizo |
|
Proxecto educativo |
10 puntos |
Atención á diversidade |
5 puntos |
Organización temporal, espacial e dos recursos humanos nos momentos de alimentación, hixiene e descanso e, en xeral, no conxunto da xornada das escolas infantís |
5 puntos |
Servizo de cociña e comedor |
9 puntos |
Relación e comunicación coas familias |
3 puntos |
Plan de mantemento e limpeza das instalacións |
10 puntos |
Incremento de contratación de persoal de atención educativa con respecto ao que figura no PPT, con mención da categoría profesional do persoal que se vai contratar e do número de horas mensuais que este incremento de contratación supón |
20 puntos |
Medios materiais e didácticos que complementan o funcionamento das escolas infantís (valorados económicamente) |
8 puntos |
A non presentación da memoria, tal e como se sinala neste parágrafo, determinará que a puntuación por este criterio sexa de 0 puntos.
b) Criterio de adxudicación avaliable automaticamente: será o seguinte, que se valorará e ponderará como a continuación se sinala:
Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) (479.960,00 €). Valorarase ata un máximo de trinta (30) puntos.
7. Mesa de contratación: designados os seus membros o 16 de novembro de 2016, por resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula 10ª do prego administrativo respectivo, e será constituída en virtude do disposto na cláusula 11ª de dito prego.
8. Clasificación: non se exixe.
9. Solvencias:
Económica-financeira: acreditarase mediante o volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume dentro dos tres (3) últimos exercicios, por importe igual ou superior a 719.940 €/ano (sen IVE). Para estes efectos o licitador proposto para a adxudicación presentará copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estiver inscrito no dito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil. Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador esta inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Técnica-profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación dos principais servizos, que incluirá importe, datas e destinatario, público ou privado, destes, realizados nos últimos cinco (5) anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación o licitador debe acreditar como executado en servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo licitador e os que constitúen o obxecto do contrato a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación para o CPV 80110000, ou a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV 80 durante o ano de maior execución do período citado un importe igual ou superior a 1.315.890,30 € sen IVE. Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.
10. Garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación, pola totalidade do contrato (47 meses).
11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es perfil de contratante.
Sanxenxo, 16 de novembro de 2016
Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde