Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de realización de actividades de promoción e difusión dos produtos do mar nos centros de formación en hostalaría de Galicia, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (eixe/medida 5.1.3) (expediente 16/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

Descrición do obxecto: a realización de actividades de promoción e difusión dos produtos do mar nos centros de formación en hostalaría de Galicia.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=44842

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 125, do 4 de xullo de 2016.

d) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 120.000 €; IVE (21 %): 25.200 €. Importe total: 145.200 €.

Valor estimado: 240.000 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (eixe/medida 5.1.3).

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 14 de setembro de 2016.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L., NIF nº B15257066.

c) Importe: 127.776 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 27 de outubro de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar