Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza a interesada no expediente de subvención para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais (expediente 15150053/2016).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución do procedemento para declarar a concesión de prórroga da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 15150053/2016 (Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o 2016 as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesado, mobilización e comercialización de produtos forestais).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle a interesada un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que considere pertinente.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a concesión de prórroga da axuda no expediente de subvención núm. 15150053/2016.

Interesada: Madibérica Explotación Forestal, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. Juan Luis Pía Martínez, 38, 1º D, 15330 Ortigueira (A Coruña).