1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información dentro da Área de Solucións Sectoriais da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, en particular do sistema de información centralizado e corporativo que soporte os requisitos de xestión e prestación asistencial dos centros dependentes da Xunta de Galicia na área de servizos sociais.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 7.3.2016.
DOUE: 4.3.2016.
BOE: 14.3.2016.
3. Tramitación e procedemento:
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.450.000 € (un millón catrocentos cincuenta mil euros).
5. Orzamento base de licitación:
O orzamento máximo autorizado é de 1.450.000 € (un millón catrocentos cincuenta mil euros), máis 304.500 € (trescentos catro mil cincocentos euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.754.500 € (un millón setecentos cincuenta e catro mil cincocentos euros).
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 21.9.2016.
b) Data de formalización do contrato: 4.11.2016.
c) Contratista: unión temporal de empresas formada por Tecnologías Plexus, S.L. Everis Spain, S.L.U., con NIF U70501853.
d) Importe de adxudicación: 1.219.377,50 € (un millón douscentos dezanove mil trescentos setenta e sete euros con cincuenta céntimos) (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia