De conformidade co disposto no artigo 44, en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 de la citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 10 de novembro de 2016
A xefa do Servizo de Consumo da Coruña
P.S. (Resolución do 20.4.2016)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: 15R002/68/2011.
Interesada: SS Fernández Concesionarios, S.L. (Grupo Fernández).
CIF/NIF: B70069620.
Acto notificado: resolución de recurso de alzada.
Expediente: 15R002/88/2008.
Interesada: Meridiana Fly, S.P.A.
CIF/NIF: A0051247E.
Acto notificado: resolución de recurso de alzada.