Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016060TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de setembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2016060TA-OU, a Couceiro González, José Enrique, DNI 44468453T, como responsable subsidiario da súa filla Mª José Couceiro Pérez menor de idade, con domicilio na rúa Serra de Xurés, 7-1º C, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Couceiro González, José Enrique, DNI 44468453T, como responsable subsidiario da súa filla Mª José Couceiro Pérez, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle de que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 26 de outubro de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2016060TA-OU.

Denunciado: Couceiro González, José Enrique, como responsable subsidiario da súa filla Mª José Couceiro Pérez menor de idade.

DNI/NIF/CIF: 44468453T.

Último enderezo coñecido: rúa Serra de Xurés, 7-1º C, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro. Artigo 19.2.a).

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).