Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do proxecto de ampliación da Central Hidroeléctrica de Ponteliñares, concello de Porqueira (expediente IN408A 2016/13-3 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorizacion administrativa de construción da ampliación da Central Hidroeléctrica de Ponteliñares, concello de Porqueira (Ourense), que foi instada pola actual empresa concesionaria Hidráulica de Loureiro Enorsa, S.L., con domicilio para os efectos de notificacións na avda. García Barbón, nº 106, 36201 Vigo (Pontevedra).

– Características técnicas da instalación de ampliación:

A) Instalación da 3ª turbina, deseñada para funcionamento con caudais baixos:

Tipo: Crossflow.

Caudal máximo/mínimo: 2,5 m3/s///0,15 m3/s.

Velocidade: 255 rpm.

Potencia máxima: 1.000 kW.

B) Válvula de bolboreta. De construción mecanosoldada para traballar á presión requirida, apertura por motor eléctrico e peche por contrapeso.

C) Alternador:

Tipo: síncrono trifásico sen escobiñas.

Velocidade: 1.000 rpm.

Potencia: 1.000 kVA, con t. de xeración 400 V e 50 Hz frecuencia.

D) Instalacións eléctricas. As instalacións eléctricas constan dos seguintes elementos:

Celas de media tensión a 20 kV.

Transformador de potencia 20/0,4 kV, de 1.250 kVA de potencia aparente.

Cadros de grupo e liñas de interconexión.

E) Equipamento necesario para protección, manobra, mando, sinalización e medida:

Orzamento da ampliación: 480.000 €.

– Aproveitamento: mediante resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil do 5.2.2015 as características modificadas do aproveitamento pasaron a ser:

Río de toma/reposición: Limia.

Caudal: 16 m3/s.

Cota da toma: 609 m.s.n.m.

Cota da restitución: 565,02 m.s.n.m.

Salto bruto: 43,98 m.

Potencia instalada (kW): 2.500 + 2.500 + 1.000 (3ª turbina).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Ourense, 26 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense