Expediente: IN407A 2016/3005-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT r/ Mª Dolores Pumpido, nº 86.
Concello: Carballo.
Características técnicas: tramo de liña de media tensión aérea CBL-805B, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,231 km, con orixe no apoio nº 19 proxectado da LMT CBL-805B, en condutor LA-110 mm2, e final no apoio nº 20 proxectado da LMT CBL-805B.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 7 de novembro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña