Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 52002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dun acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Desígnase instrutora e secretario do expediente a María Luz Fernández Quintas e Amador Fernández Lozano, respectivamente, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, núm. 79-1º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En virtude do disposto no artigo 32.1.a) e b) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a competencia para resolver o expediente sancionador corresponderá ao director xeral de Emerxencias e Interior se a sanción consiste nunha multa de ata 60.000 euros, ou ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza se a multa é superior a 60.000 euros ata 300.000 euros.

Ourense, 10 de novembro de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-14/16.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824H.

Último enderezo coñecido: rúa Río Ulla, núm. 30, 2º, Lugo (Lugo).

Data do acordo de iniciación: 21 de setembro de 2016.

Tipificación e precepto infrinxido: leve. Artigo 30 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Posible sanción: apercibimento.