Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (339/2014).

Demandante: Jesús Plácido Suárez Villaverde

Avogado: Manuel López Núñez

Demandados: APV Motor, S.A., Servicio Público de Empleo Estatal

Avogado: (…), Servicio Público de Empleo Estatal

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 339/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Plácido Suárez Villaverde contra APV Motor, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Seguridad social 339/2014.

Sobre: seguridade social.

Demandante: Jesús Plácido Suárez Villaverde.

Avogado: Manuel López Núñez.

Demandados: APV Motor, S.A., Servizo Público de Emprego Estatal.

Avogados: (…), Servizo Público de Emprego Estatal.

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 339/2014, seguidos por instancia de Jesús Plácido Suárez Villaverde, asistido polo letrado Sr. López Núñez, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), asistido e representado polo letrado Sr. Catoira Longueira e contra APV Motor, S.A., que non comparece malia a súa citación en legal forma, con base nos seguintes:

Decisión:

Desestímase a demanda interposta por Jesús Plácido Suárez Villaverde e, en consecuencia, absólvese o SPEE e APV Motor, S.A. dos pedimentos formulados fronte a estes.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza