Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51959

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego
da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2016

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
sinatura

Convenio de colaboración entre o IGVS e a Federación Galega da Construción para o desenvolvemento dun estudo sobre a eficiencia enerxética dos edificios de vivendas nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

60.000,00 €

1.7.2016

Convenio de colaboración entre o IGVS, a Consellería de Política Social e Cruz Vermella Española para a posta á disposición de Cruz Roja Española de vivendas co obxecto de destinalas a actuacións de acollida a persoas refuxiadas que desenvolverá a Xunta de Galicia.

18.7.2016