Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51493

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1466/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1466/2016 MRA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 324/2015 Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Gumersindo Rodríguez Fernández

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Budiño, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Guillarei, S.L., Montajes Graníticos, S.L., Granitos Santa Fe, S.L.

Avogados: José Luis Brea Sanmartín, Ramón José Pena Fraga, María Josefa Fernández Fernández

Procuradoras: María del Carmen Molist García, María Ángeles Fernández Rodríguez

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1466/2016 desta sección, seguidos por instancia de Gumersindo Rodríguez Fernández contra a empresa Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Budiño, S.L., MGS Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Guillarei, S.L., Montajes Graníticos, S.L., Granitos Santa Fe, S.L., sobre outros dereitos da Seguridade Social, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante, contra a sentenza do 27.1.2016, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos 324/2015, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Budiño, S.L., Granitos Guillarei, S.L., Montajes Graníticos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza