Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51474

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 149/2016, do 17 de novembro, polo que se dispón que cese José Ramón Lete Lasa como secretario xeral para o Deporte.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de novembro de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, José Ramón Lete Lasa, como secretario xeral para o Deporte, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de novembro de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza