Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2016 Páx. 51376

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (822/2013).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 822/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Pereiro Silveira contra Viproga, S.A., Servicios de Seguridade Integral e Mantementos A-1, S.L., Alcor Seguridad, S.L., CIS Compañía Integral de Seguridad sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo suspender os actos de conciliación e xuízo, que estaban sinalados para o día 14 de decembro de 2016, e sinalo novamente para o próximo día 1 de febreiro de 2017 ás 11.25 horas para a realización da conciliación e o mesmo día ás 11.30 horas para a realización do xuízo expedíndose para o efecto as cédulas de citación das partes, así como os oficios necesarios para a práctica da proba instada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza