Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51321

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de información pública do Plan especial de protección do núcleo histórico da vila de Monterroso.

Acordado o sometemento a información pública do Plan especial de protección do núcleo histórico da vila de Monterroso, por acordo do Pleno do Concello en sesión extraordinaria realizada o día 29 de xuño de 2016, de conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Monterroso, 25 de outubro de 2016

Miguel Rico Gómez
Alcalde