Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 16 de novembro de 2016 Páx. 51278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00088-O-2016 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador número OU-00088-O-2016 e tres máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e de non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 25 de outubro de 2016

P.S. (Resolución do 23.8.2016)
Gerardo Álvarez Reza
Xefe accidental do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00088-O-2016

CO-7461-AU

Carnes da Quinta

B94084365

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

21.12.2015; 12.14; A52; 132,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

OU-00398-O-2016

5102-FXD

Logística Euroveiga, S.L.U.

B32408916

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

7.3.2016; 11.46; A52; 181,3

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00410-O-2016

5102-FXD

Logística Euroveiga, S.L.U.

B32408916

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Atenuante: igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

7.3.2016; 11.45; A52; 181,3

Art. 142.19 LOTT Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00419-O-2016

5694-JBK

Cárnicas Coruña, S.L.

B70399902

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA hasta 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 por cento.

10.3.2016; 17.55; A52; 179,8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros