Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 15 de novembro de 2016 Páx. 51173

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (429/2015).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza nº 35/2016.

O Porriño, 14 de marzo de 2016.

Vistos por min, Olalla Díaz Sánchez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, os presentes autos de xuízo ordinario nº 429/2015, seguidos por instancia de Vitogas España, S.A.U., representado polo procurador Francisco Javier Zúñiga Caballero e baixo a dirección letrada de Pedro Fariña Quiroga, fronte a Lavandería Industrial Jeyfer, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Vitogas España, S.A.U. fronte a Lavandería Industrial Jeyfer, S.L., condeno a esta a aboar á demandante a suma de 16.252,16 euros, incrementada no xuro legal do diñeiro contado desde o día 4 de setembro de 2015.

Con expresa imposición de custas á demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá preparar neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Zona Sur Producciones, S.L., expídese este edicto para que sirva de notificación da sentenza ditada nas actuacións.

O Porriño, 5 de outubro de 2016

O/a secretario/a xudicial