Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50289

VI. Anuncios

b) Administración local

Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación da subministración de enerxía térmica útil mediante gas natural canalizado ás instalacións da piscina municipal.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da subministración de enerxía térmica útil mediante gas natural canalizado ás instalacións da piscina municipal, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración de enerxía térmica útil mediante gas natural canalizado ás instalacións da piscina municipal.

2. Duración do contrato: terá unha duración máxima de dous (2) anos, contada desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e coa posibilidade de dúas prórrogas, dunha duración de un (1) ano cada unha delas.

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), 33.206,83 euros/ano, sen incluír o IVE. O orzamento máximo de licitación durante a duración do contrato (dous anos) é de 66.413,66 euros, sen incluír o IVE, e o orzamento máximo de licitación durante a total duración do contrato (dous anos e as posibles prórrogas) é de 132.827,32 euros.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

5. Clasificación: non se exixe.

6. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume no ámbito do contrato, dentro dos tres (3) últimos exercicios, por importe igual ou superior a 49.810,24 euros sen IVE. Será acreditado por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación das subministracións de gas natural ou subministracións de similar natureza que as que constitúen o obxecto do contrato, atendendo para tal efecto aos primeiros díxitos do código CPV 09123000-7 durante os últimos cinco (5) anos anteriores á data de finalización de presentación de ofertas desta licitación, durante o ano de maior execución do período citado por importe igual ou superior a 66.413,66 euros sen IVE, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado destes. As subministracións acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Tamén será necesario que o licitador acredite a súa condición de comercializador autorizado de gas natural canalizado.

7. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: expresarase nunha cantidade do prezo unitario medio (euros/MWh) da enerxía útil que hai que subministrar por medio de gas natural, que non poderá ser superior á cantidade fixada na cláusula 6 do prego de prescricións técnicas (54,95 euros/MWh). Estas cantidades non inclúen ningún imposto ao respecto, nin o IVE.

8. Mesa de contratación: designados os seus membros o 31 de outubro de 2016, por resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula novena do prego administrativo respectivo, será constituída en virtude do disposto na cláusula décima do dito prego.

9. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe do orzamento máximo de licitación durante a duración total do contrato 2 anos (66.413,66 euros).

10. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (en diante, BOP), Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo, www.sanxenxo.es (en diante perfil do contratante). O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado se ampliará ao día seguinte hábil.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es, perfil do contratante.

Sanxenxo, 2 de novembro de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde presidente