Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50292

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

O Restollal Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas

ANUNCIO de aprobación do balance final de liquidación e da distribución do activo.

A cooperativa O Restollal, S. Coop. Galega de Vivendas, inscrita no Rexistro de Cooperativas da Coruña co nº 1396-C, anuncia que na asemblea extraordinaria que tivo lugar en Santiago de Compostela o 2 de novembro de 2016, cumpridos os requisitos legais e estatutarios previstos para a convocatoria, adoptou por unanimidade o acordo de aprobar o balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo, previamente censurados polo órgano de intervención da cooperativa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

Marta Castro Estévez
Carmen Mosquera Losada
Cristina Cotelo Costoya
Liquidadoras