Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento evolutivo do sistema de información da Historia Social Única Electrónica, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 20/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de Historia Social Única Electrónica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 7.3.2016.

DOUE: 4.3.2016.

BOE: 14.3.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.917.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.917.500,00 €, máis 402.675,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.320.175,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.6.2016.

b) Data de formalización do contrato: 1.8.2016.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 2.204.166,25 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia