Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento, mantemento evolutivo e soporte dun sistema de información para a xestión das axudas plurianuais, ao abeiro das medidas 10.1 e 11 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (expediente 45/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento, mantemento evolutivo e soporte dun sistema de información que permita a xestión de axudas plurianuais das medidas do PDR de Galicia de Agroambiente e Clima (10.1) e de Agricultura Ecolóxica (11) para o organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) da Consellería do Medio Rural.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 31.5.2016.

DOUE: 28.5.2016.

BOE: 9.6.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 355.371,80 €.

5. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 355.371,80 €, máis 74.628,08 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 429.999,88 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 12.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 26.10.2016.

c) Contratista: Seresco, S.A.

d) Importe de adxudicación: 378.441,15 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia