Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia, segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26.1, do mesmo texto legal, e para establecer a estrutura orgánica do Goberno de Galicia con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa,
DISPOÑO:
Artigo 1
A Xunta de Galicia estará integrada pola Vicepresidencia e consellerías que a seguir se relacionan:
– Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
– Consellería de Facenda.
– Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
– Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
– Consellería de Economía, Emprego e Industria.
– Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Consellería de Sanidade.
– Consellería de Política Social.
– Consellería do Medio Rural.
– Consellería do Mar.
Artigo 2
A orde de prelación das consellerías manterase segundo o establecido no artigo anterior.
Disposición transitoria primeira
Mentres non se proceda ao desenvolvemento da estrutura contida neste decreto, os órganos superiores e de dirección existentes manterán a súa estrutura e funcións.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.
Disposición derradeira primeira
O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecuar a estrutura dos distintos órganos obxecto de regulación deste decreto.
Disposición derradeira segunda
A Consellería de Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto.
Disposición derradeira terceira
Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, trece de novembro de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente