Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 14 de novembro de 2016 Páx. 50271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de novembro de 2016 pola que se notifica a incoación do expediente de reclamación patrimonial con referencia 35/16.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, notifícaselle a Francisco Javier Martínez Bahamonde, con DNI 328085..., a incoación, de acordo coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, de expediente de reclamación patrimonial presentada por danos no seu vehículo no porto de Vilanova de Arousa, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito na Urbanización Campos de Mirabel, nº 5, portal 2 B, Calo, 15883 Teo (A Coruña).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedara supeditada á súa publicación no BOE.

A vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia do interesado, de acordo co artigo 65.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, requíreselle ao reclamante para que no prazo de dez (10) días envíe unha serie de documentación.

Así mesmo, de acordo co artigo 66.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, de non remitir os documentos solicitados considerarase desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 21.1 da mesma lei.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Mar para ditar a presente resolución de acordo co establecido na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

De acordo co artigo 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo de resolución do presente expediente é de seis meses, transcorrido o cal sen que recaese resolución expresa, poderá entender desestimada a solicitude de indemnización, segundo o previsto no artigo 24.1 parágrafo segundo da mesma lei.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia