Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50142

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela 19-2 da U.E.-3 do Plan parcial SAUI-7, no polígono industrial de Piadela.

O Pleno do Concello de Betanzos, en sesión do 28 de xuño de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela número 19-2 da U.E.-3 do Plan parcial SAUI-7, no polígono industrial de Piadela, de acordo co novo proxecto presentado con data do 18 de novembro de 2015 e redactado polo arquitecto Jorge Zapata Súarez.

Segundo. Comunicar o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, xunto con dous exemplares do estudo de detalle aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados por secretaría.

Terceiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia o correpondente anuncio da aprobación definitiva do estudo de detalle, facendo constar a súa remisión á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e os recursos que caben contra o citado acto de aprobación definitiva.

Cuarto. Publicar o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Quinto. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle, e facultar o alcalde presidente para a sinatura dos documentos relacionados con este asunto...».

Faise constar no presente anuncio que, con data do 2 de setembro de 2016, se remitiu á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio copia autentificada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran sobre os cales se ditou a presente aprobación definitiva, debidamente dilixenciados.

Recursos. Contra o contido do mencionado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer de maneira potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que o ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O recurso de reposición entenderase desestimado se no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da interposición, o órgano competente para resolvelo non ditase e notificase resolución expresa.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente (sen recurso administrativo), poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, prazo que será de seis meses no caso de non resolverse de maneira expresa o recurso de reposición, contados a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto. Todo iso de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírtese tamén que se poderá utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente, así como exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.

Betanzos, 2 de setembro de 2016

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente