Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (503/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 503/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Matías Cañón Ramírez contra Alimenta de Túnidos, S.L.U., sobre reclamación de cantidade-p. ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Matías Cañón Ramírez contra a entidade Alimenta de Túnidos, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade alimenta de Túnidos, S.L.U. a que aboe ao demandante a cantidade de 6.369,90 euros líquidos, por salarios devindicados entre abril e decembro de 2014, incluída a compensación económica por vacacións, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas deste procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciaa, mándaa e asínaa a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alimenta de Túnidos, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza