Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se dá traslado dos recursos presentados contra a Resolución do 4 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba o baremo para acceder ás modalidades de recursos específicos no permiso de explotación das embarcacións, así como para elaborar as listas e actualizar os méritos para o incremento do número de cotas de captura para as embarcacións incluídas nun plan de xestión de recursos específicos.

O artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, establece que a publicación substituirá a notificación cando se trate de procedementos selectivos ou de concorrencia competitiva.

Vistos os recursos de alzada interpostos por Miguel Ángel Pérez Blanco e doce máis contra a Resolución do 4 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba o baremo para acceder ás modalidades de recursos específicos no permiso de explotación das embarcacións, así como para elaborar as listas e actualizar os méritos para o incremento do número de cotas de captura para as embarcacións incluídas nun plan de xestión de recursos específicos, procede dar traslado destes a cantos poidan ser interesados para que no prazo de 10 días aleguen canto consideren procedente, de acordo co disposto no artigo 112.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos recursos presentados.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar