Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Venres, 11 de novembro de 2016 Páx. 50118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza o interesado no expediente de subvención para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural 14150190/2012.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 14150190/2012 (Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2012 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédese ao interesado un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención número 14150190/2012.

Interesado: Jesús Ricardo Coiradas Toba.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Redonda, 8, 15130 Corcubión (A Coruña).