Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Xoves, 10 de novembro de 2016 Páx. 50006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación dun servizo de mantemento e reparación do equipamento informático existente en diversos centros (expediente AB-EIL1-16-005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital Universitario Lucus-Augusti (HULA).

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfonos: 982 29 60 47/057/229.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-16-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: mantemento dos equipamentos informáticos instalados en diversos centros da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e en dúas residencias da provincia de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: HULA.

1º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero 1.

2º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50312000-5 e 50323000-5.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 640.000 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 320.000 €. Importe total: 387.200 €.

6. Garantías exixidas: definitiva do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 30.11.2016.

Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral, no 2º andar do HULA.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección, no 3º andar do HULA, rúa Doutor Ulises Romero 1.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 20.10.2016.

12. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 20 de outubro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos