Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49910

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

EXTRACTO do Acordo 14/670 da Xunta de Goberno Local, do 19 de outubro de 2016, polo que se aproban as bases xerais polas que se regula a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro de carácter veciñal, educativo, profesional e de ambiente para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento de equipamentos, exercicio 2016.

BDNS (Identif.): 321159.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (htp://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias. Requisitos

Poderanse acoller a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

1) Estar legalmente constituídas e domiciliadas no municipio de Lugo e figurar inscritas, cunha antigüidade de 3 meses, nos correspondentes rexistros:

Excepcionalmente, cando a actividade teña interese social, económico ou humanitario para a veciñanza do municipio de Lugo, poderanse conceder subvencións a entidades foráneas e non inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo. A fundamentación do dito interese acreditarase mediante a presentación dunha memoria para o efecto. En todo caso, as actividades ou proxectos financiados a través de subvención municipal débense desenvolver no termo municipal ou ir dirixidos á veciñanza do concello de Lugo, e redundar nun beneficio para a súa cidadanía.

– Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións ou entidades que durante o exercicio 2016 perciban outra subvención municipal para o desenvolvemento do mesmo ou diferente programa, con excepción das axudas para a celebración das festas do Lume Novo nos barrios e parroquias do municipio de Lugo para o ano 2016, que serán compatibles con estas subvencións.

Segundo. Obxecto e finalidade da subvención

Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento, durante o exercicio 2016, de programas e actividades de interese xeral e sectorial, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestruturas, no desenvolvemento dos ditos programas e actividades, e que son tramitadas pola Oficina de Participación e Atención Cidadá.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases polas que se regula a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro de carácter veciñal, educativo, profesional e de ambiente para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento de equipamentos do exercicio 2016 aprobounas a Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, Acordo 14/670, na sesión ordinaria que tivo lugar o 19 de outubro de 2016, e están publicadas no BOP de Lugo número 249, do 29 de outubro de 2016.

Cuarto. Contía

Esta convocatoria conta cun crédito orzamentario de 45.500 euros.

A contía máxima que se concederá individualmente non poderá exceder os 3.000 euros.

Quinto. Forma e prazo de presentación das solicitudes

As solicitudes das entidades ou asociacións interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, por conduto da BDNS. Estas bases publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios municipal e na páxina web do Concello de Lugo, aínda que o anuncio publicado no DOG, por conduto da BDNS, será a data que hai que ter en conta para os efectos de presentación de solicitudes.

Lugo, 2 de novembro de 2016

Rosana Rielo Rozas
Tenenta de alcalde delegada da Área de Concello e Cidadanía