Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49824

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1696/2016).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1696/2016 seguido por instancia de Soraya Marti Buceta contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, FREMAP, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Asador Montecelo, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente o recurso de suplicación interposto polo letrado da Administración da Seguridade Social, actuando en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza con data do vinte e oito de decembro de dous mil quince, ditada nos autos 441/2015 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, seguidos por instancia de Soraya Marti Buceta contra a entidade xestora recorrente, a Mutua FREMAP e a empresa Asador Montecelo sobre revisión de grao de invalidez, debemos revogar e revogamos a sentenza recorrida deixando sen efecto a declaración de incapacidade permanente total que contén e desestimando as pretensións da demandante deducidas na demanda reitora de autos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asador Montecelo, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio en Pontevedra, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 6 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza