Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49832

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (62/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 62/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mónica Luna Hermida contra a empresa Limpieza Veteris, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido:

Declárase extinguida a relación laboral entre Mónica Luna Hermida e a empresa Limpiezas Veteris, S.L. Acórdase o pagamento da seguinte indemnización e condena ás seguintes cantidades: 1.764,03 euros en concepto de indemnización, e en concepto de salarios de tramitación que se devindicarán, ata a data da presente resolución, a cantidade de 19,44 euros diarios, sen prexuízo dos descontos que procedan.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpieza Veteris, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza