Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2016 pola que se declara deserto o procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do contrato do servizo consistente na vixilancia e seguridade das dependencias deste instituto en Pontevedra (expediente IGVS04-16).

Antecedentes.

1. O 7 de outubro de 2016 publicouse no DOG número 192 a Resolución do 16 de setembro de 2016 pola que se anunciaba a licitación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do contrato de servizo consistente na vixilancia e seguridade das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, expediente: IGVS04-16.

2. O 24 de outubro de 2016 finalizou o prazo de presentación de ofertas ao procedemento e constatouse, de conformidade coa certificación do xefe do rexistro dos servizos centrais do IGVS, non terse presentado ningunha oferta.

3. A competencia para ditar a presente resolución corresponde ao director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo por delegación das competencias que como órgano de contratación posúe a presidenta do IGVS, mediante a Resolución do 23 de xuño de 2010, de conformidade co disposto no artigo 316 do TRLCSP e de acordo coa Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve.

De conformidade co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar deserto o procedemento administrativo de contratación do servizo consistente na seguridade e vixilancia das dependencias do IGVS en Pontevedra, expediente: IGVS04-16, polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e documentalmente simplificado.

Segundo. Proceder á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, así como no perfil do contratante deste órgano de contratación e na plataforma de contratación.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo