Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de actualización e mantenemento catastral.

Contratación de servizos de actualización e mantemento catastral, integración coa plataforma municipal VCI+ e actualización de bases de datos tributarias.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Ingresos. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 2288-500.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: servizos. b) Descrición: a prestación dos servizos de actualización e mantemento catastral, integración coa plataforma municipal VCI+ e actualización de bases de datos tributarias. c) División por lotes e número de lotes: si. 2. Lote A: zona leste, segundo a delimitación establecida no plano do anexo 1 do PPT. Lote B: zona oeste, segundo a delimitación establecida no plano do anexo 1 do PPT. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 3 anos. Prórroga: tres prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento: a)Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 8 da FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 1.440.000 euros (IVE incluído). b) Dotación por lotes: lote A: 720.000 euros; lote B: 720.000 euros.

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. c) Complementaria: non.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan co obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior á unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o día 2 de decembro de 2016. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.500 euros.

Vigo, 18 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación