Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira como oficial de bombeiros.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante Resolución do 28 de setembro de 2016, nomeou funcionario de carreira deste concello a:

– Miguel Estévez Prado, con DNI: 36147585A, para ocupar unha praza de oficial de bombeiros, encadrada dentro da subescala servizos especiais, clase servizo extinción de incendios, da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo A, subgrupo A-1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de oposición libre.

O devandito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 17 de outubro de 2016

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde