Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (887/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 887/2013 por instancia de Tania Blanco Correia contra a empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C., a administración concursal da empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 12.9.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Tania Blanco Correira fronte á empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C., a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil catrocentos noventa euros con vinte e oito céntimos de euro (3.490,28 euros), vinculando tales cantidades á administración concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hormigones y Forjados Maceiras, S.C. expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

A secretaria xudicial