Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifican os acordos de iniciación de procedementos de descualificación e cancelación da inscrición de varias entidades como centros especiais de emprego no Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia, ao abeiro do disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo (Diario Oficial de Galicia número 138, do 19 de xullo).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentadas sen éxito as correspondentes notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles ás entidades relacionadas no anexo os acordos de iniciación de procedementos de descualificación e cancelación da inscrición de varias entidades como centros especiais de emprego no Rexistro de Centros Especiais de Emprego de Galicia.

As representacións legais das entidades poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situadas no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do correspondente acordo. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data de finalización deste.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

1º. Entidade: Cee Valgo Sociedad Cooperativa.

NIF: F32005027.

Enderezo: O Piñeiral, nº 14, estrada N-525, 32911 San Cibrao das Viñas (Ourense).

Nº de inscrición: 2-GZ.

Data do acordo de iniciación do procedemento: 22 de setembro de 2016.

Causa/s de revogación da autorización: artigo 9, letras a), b) e c) do Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

2º. Entidade: Cee Nudos, Sociedad Cooperativa Limitada.

NIF: F15624745.

Enderezo: As Breas, nº 6, baixo, Carnota (A Coruña).

Nº de inscrición: 43-GZ.

Data do acordo de iniciación do procedemento: 22 de setembro de 2016.

Causa/s de revogación da autorización: artigo 9, letras a), b) e c) do Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

3º. Entidade: Cee Termografía, Tampografía y Publicidad, S.L.

NIF: B15419583.

Enderezo: rúa Compostela, nº 29, baixo esquerda, Ordes (A Coruña).

Nº de inscrición: 26-GZ.

Data do acordo de iniciación do procedemento: 28 de abril de 2016.

Causa/s de revogación da autorización: artigo 9, letras a), b) e c) do Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

4º. Entidade: Ibérica de Gestión y Producción de Combustibles, S.L.

NIF: B15871817.

Enderezo: rúa Rafael Dieste, nº 6, baixo dereita, 15009 A Coruña.

Nº de inscrición: 85-GZ.

Data do acordo de iniciación do procedemento: 22 de setembro de 2016.

Causa/s de revogación da autorización: artigo 9, letras a), b) e c) do Decreto 200/2005, do 7 de xullo.