Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016329AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 12 de setembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2016329AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Kiosco Portovelo, C.B., con CIF E36941508, como titular do establecemento Kiosco Portovelo.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Kiosco Portovelo, C.B. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 10 de outubro de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016329AL-PO.

Denunciada: Kiosco Portovelo, C.B., con CIF E36941508, como titular do establecemento Kiosco Portovelo.

Último enderezo coñecido: avenida José Pereira, 25, Sabarís, 36393 Baiona (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto no Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios; e no Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa).

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

Capítulo I. Requisitos xerais dos locais destinados aos produtos alimenticios. 1. Os locais destinados aos produtos alimenticios deberán conservarse limpos e en bo estado de mantemento: c) permitirán unhas prácticas de hixiene alimentaria correctas, incluída a protección contra a contaminación, […].

Capítulo XII do anexo II. Formación. Os operadores de empresa alimentaria deberán garantir: 1) A supervisión e a instrución ou formación dos manipuladores de produtos alimenticios en cuestións de hixiene alimentaria, de acordo coa súa actividade laboral.

Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa):

Artigo 4. Empresas e establecementos alimentarios suxeitos a inscrición. 1. Inscribiranse no Regasa as empresas ou establecementos alimentarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos: a) Que o operador económico teña sede, domicilio, axencia ou exerza actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 7. Réxime sancionador. O incumprimento da obriga de comunicación con carácter previo ao inicio das actividades recollidas neste decreto será considerado como infracción de carácter leve, de acordo co previsto no capítulo IV da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, con remisión a esta para os efectos do procedemento sancionador aplicable.

Tipificación: tres infraccións administrativas tipificadas coma leves nos artigos 51.1 da Lei 17/2001, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, e no artigo 41.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).