Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01034-O-2016 e dez máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-01034-O-2016 e dez máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 17 de outubro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-01034-O-2016

PO-6514-AF

Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

B36343630

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, sen título habilitante.

17.11.2015; 13.00; PO-531; 4,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01867-O-2016

7503-CLG

Diego José Glez. Larrañaga

36095543

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, sen título habilitante.

15.1.2016; 11.02; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-01871-O-2016

1294-JBG

Belmotrans 2.0, S.L.

B90156472

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

26.1.2016; 10.26; AP-53; 33,5

Art. 140.18 LOTT

Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

PO-01989-S-2016

C-0063-AV

Enrique García Chan

35322895R

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

6.11.2015; 17.35; avda. Alcalde Lavadores con estrada vella de Madrid

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-02092-O-2016

1633-CFL

El Baroudi El Ayadi Mogamed

51756861F

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

15.2.2016; 18.53; AP-9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-02331-S-2016

0836-GBF

Transportes Carlos Pombo, S.L.

B36572394

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

19.2.2016; 21.23; avda. Madrid con estrada vella de Madrid

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-02415-O-2016

0133-FHN

Aurelia Bastos Molares

36015618X

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, sen título habilitante.

22.2.2016; 9.32; CG-4.1; 0,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

PO-02535-O-2016

1314-BDV

Fonte D Ore 2000, S.L.

B74066044

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

9.3.2016; 18.00; AP-9; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-02559-O-2016

87-BH-47

Timbercort, S.L.

B36543262

O exceso igual o superior ao 2,5 % e inferior ao 10 % sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

4.3.2016; 11.43; PO-11; 3,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

333 euros

PO-02622-O-2016

PO-6514-AF

Palcos y Carpas Paco Salcedo, S.L.

B36343630

O exceso igual ou superior ao 15 % e inferior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 19 %.

15.3.2016; 16.15; PO-542; 5,0

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

900 euros

PO-04109-O-2015

7924-FHF

Nieto Ares, S.L.

B36283331

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedeiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

6.8.2015; 9.50; AG-41; 0,4

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros