Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración do equipamento microinformático para centros educativos no marco do proxecto Abalar, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 34/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración do equipamento microinformático, para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21.4.2016.

DOUE: 20.4.2016.

BOE: 23.4.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 3.507.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 3.507.500,00 € máis 736.575,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 4.244.075,00 € (catro millóns douscentos corenta e catro mil setenta e cinco euros). Mínimo de unidades: 5.740.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 14.10.2016.

c) Contratista: QED Systems, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe unitario 498,90 € (IVE excluído), para un total de 7.030 unidades, o que supón un importe global de 3.507.267,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

missing image file