Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento evolutivo da Plataforma galega de información ambiental (Gaia), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 37/2016).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo de desenvolvemento do Rexistro de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia e a tramitación integral de todos os procedementos de comunicación e autorización derivados da normativa de residuos; a creación do rexistro de instalacións IPPC con autorización ambiental integrada (AAI) e a súa tramitación e seguimento ambiental, e, por último, a creación dun módulo de inspeccións en materia ambiental.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 10.5.2016.

DOUE: 7.5.2016.

BOE: 18.5.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto e harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 570.557,85 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 570.557,85 €, máis 119.817,15 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 690.375 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 21.10.2016.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 580.195 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia