Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (944/2012).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 944/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Sisto Estévez contra Camilo Carballal, S.L., Fogasa, Ernst & Young, S.L. (Andrés Lucendo Monedero, administrador concursal) sobre ordinario, se ditou a seguinte Sentenza de data 7 de outubro de 2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión:

Que debo estimar substancialmente a demanda presentada por instancia de José Manuel Sisto Estévez, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo contra a entidade Camilo Carballal, S.L., que non comparece malia estar debidamente citada, a administración concursal (Ernst & Young, que comparece representada por Andrés Lucendo Monedero) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparece malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a entidade demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 6.698,78 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17 de xuño de 2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno a administración concursal (Ernst & Young, que comparece representada por Andrés Lucendo Monedero) a estar e pasar pola anterior declaración.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e deberá indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Camilo Carballal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza