Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (121/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 121/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Grela Gómez contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L. ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

Apreciar cousa xulgada en canto á denegación do despacho de execución instado. Unha vez firme a presente resolución, procédase ao arquivamento da causa.

Lévese o orixinal ao libro de autos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días e ante este mesmo órgano xurisdicional.

Así o acorda manda e asina Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste xulgado. Dou fe.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este anuncio para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza