Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48878

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (1127/2016 BC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1127/2016 BC

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 685/2014 do Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Floriano Trillo Fernández

Avogada: Patricia Mariño Rodríguez

Recorridos: Fogasa, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Manuel Vaqueiro, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, José Fernández Martínez, Canteras Fernández Oya, S.L., Canteras Alonso Novas, S.L., Perforaciones y Sondeos Conde, S.L., Granitos González Nogueiras, S.L., Granitos de Salas, S.L., Santos Rodríguez Martínez, Granimos, S.L., Feliciano Santos y Amancio, C.B., Jorge Cont. Rodríguez Diego, Santos y Vila, C.B., Jesús Fernández Oya

Avogados: Fogasa, Víctor Manuel Domínguez Fernández, Gema García Gómez, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Francisco Javier Cabo Cibeira, Francisco Javier Cabo Cibeira

Procuradores: Rafael Francisco Pérez Lizarriturri, José Antonio Castro Bugallo, María Fara Aguiar Boudin

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1127/2016 desta sección, seguido por instancia de Floriano Trillo Fernández, contra Fogasa, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Manuel Vaqueiro, S.L., Generali España, S.A. de Seguros y Reaseguros, José Fernández Martínez, Canteras Fernández Oya, S.L., Canteras Alonso Novas, S.L., Perforaciones y Sondeos Conde, S.L., Granitos González Nogueiras, S.L., Granitos de Salas, S.L., Santos Rodríguez Martínez, Granimos, S.L., Feliciano Santos y Amancio, C.B., Jorge Cont. Rodríguez Diego, Santos y Vila, C.B., Jesús Fernández Oya sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que con desestimación do recurso interposto por Floriano Trillo Fernández, confirmamos a sentenza que con data 5 de novembro de 2015 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveron as empresas Jesús Fernández Oya, Canteras Fernández Oya, S.L., Canteras Alonso Novas, S.L., Perforaciones y Sondeos Conde, S.L., Granitos González y Nogueiras, S.L., Granitos de Salas, S.L., José Fernández Martínez, Santos Rodríguez Martínez, Granimos, S.L., Feliciano Santos y Amancio, C.B., Jorge Cont. Rodríguez Diego, Santos y Vila, C.B. y Manuel Vaqueiro, S.L., e as compañías de seguros Allianz Compañías de Seguros y Reaseguros, S.A. e Generali España de Seguros y Reaseguros, S.A.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Santos Rodríguez Martínez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza