Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48825

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de outubro de 2016 pola que se autoriza o cambio de titularidade da Escola de Música Compañía de María, da Coruña.

A Escola de Música Compañía de María inscribiuse no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 9 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 26 de marzo), sendo a súa titular a Fundación Compañía de María.

A representante da Fundación Compañía de María cede a titularidade da Escola de Música Compañía de María á Asociación Musical Compañía de María mediante escritura pública notarial do 14 de xuño de 2016.

A Orde do 11 de marzo de 1993 regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, establece que lle corresponden á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de titularidade da Escola de Música Compañía de María, código de centro 15032947, a favor da Asociación Musical Compañía de María.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria