Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (44/2016).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 44/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Luciano Campos Camiño contra a empresa María Trinidad García Padín, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Desestimo a demanda formulada por Luciano Campos Camino fronte a Mª Trinidad García Padín, e absolvo a demanda da pretensión formulada fronte a ela.

Isto coa intervención do Fogasa.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, debendo anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, debendo de consignar a recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co número 5081 especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que pode procederse a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Trinidad García Padín, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción en el Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de outubro de 2016

O letrado da Administración de xustiza