Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48748

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (518/2013).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 518/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Dulce María Iglesias Baniela contra a Asociación Profesional Agraria de Jóvenes Agricultores, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Dulce María Iglesias Baniela, contra Asociación Profesional de Jóvenes Agricultores, Carlos M. Costas Manzanares e contra o Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a demandada Asociación Profesional de Jóvenes Agricultores a abonarlle á demandante as sumas de 11.883,68 euros en concepto de salarios e 14.510,88 euros en concepto de 60 % da indemnización por extinción da relación laboral por causas obxectivas, coa desagregación efectuada no feito probado cuarto da presente resolución, máis os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil respecto da indemnización (14.510,88 €) e os do 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais (11.883,68 €), desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo condenar e condeno a Carlos M. Costas Manzanares, na súa soa condición de administrador concursal de Asociación Profesional de Jóvenes Agricultores, a estar e pasar pola anterior declaración e condena da entidade concursada.

3. No que incumbe á responsabilidade do Fogasa non ha lugar á súa condena nesta instancia, debendo terse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Profesional Agraria de Jóvenes Agricultores, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza