Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48736

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de auto (852/2016).

Eu, María Fernanda Ulloa Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña, dou fe de que neste órgano xudicial se tramita procemento número 852/2016, seguido por instancia de Katy María Andújar de Jesús, contra Santo de los Santos de Jesús, no cal foi ditado auto con data do 11 de outubro de 2016 co seguinte teor literal:

«Decido:

Que estimo a solicitude formulada por Katy María Andújar de Jesús, acordando autorizar a Katy María Andújar de Jesús, de forma exclusiva, a expedición do pasaporte das súas fillas Neydy María e Heydy María de los Santos Andújar.

Contra esta resolución poderase interpor, ante este xulgado, recurso de apelación para a Audiencia Provincial da Coruña».

E como consecuencia do ignorado paradoiro, acordouse notificar por edicto no Diario Oficial de Galicia o demandado Santo de los Santos de Jesús e expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 11 de outubro de 2016

A secretaria xudicial