Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48734

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1357/2015).

NIG: 15030 42 1 2015 0017071

F02 Familia, garda, custodia, alimentos fillo menor non matrimonial non consensuado 1357/2015

Procedemento de orixe: _

Sobre outras materias

Demandante: Delia Maribel Sanginés Sánchez

Procuradora: Francesca Di Mattia

Avogada: Gema Paloma Fraguela Gómez

Demandado: Fabián Niccolo Mantilla Benítez

Eu, María Fernanda Ulloa Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 da Coruña, dou fe de que neste órgano xudicial se tramita procedemento número 1357/2015, seguido por instancia de Delia Maribel Sanginés Sánchez, contra Fabián Niccolo Mantilla Benítez, no cal foi ditada sentenza con data do 3 de outubro de 2016 co seguinte teor literal:

«Decido:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta pola procuradora Francesca di Mattia en nome e representación de Delia Maribel Sanginés Sánchez contra Fabián Niccolo Mantilla Benítez, acórdanse as seguintes medidas reguladoras dos efectos da ruptura da unión de feito integrada por estes respecto da filla común:

1º. Fabián Niccolo Mantilla Benítez aboará en concepto de pensión por alimentos a favor da súa filla a cantidade de 90 euros mensuais, que se aboará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta designada por Delia Maribel Sanginés Sánchez, e que se actualizará anualmente conforme o índice de prezos de consumo do Instituto Nacional de Estatística.

Contra esta sentenza poderase interpor, ante este xulgado, recurso de apelación para a Audiencia Provincial da Coruña».

E como consecuencia do ignorado paradoiro, acordouse notificar por edicto no Diario Oficial de Galicia o demandado Fabián Niccolo Mantilla Benítez e expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 10 de outubro de 2016

A secretaria xudicial